En decembro de 2010, o Concello de Culleredo asinou un convenio coa Asociación de Parkinson Galicia-A Coruña para a promoción no termo municipal de servizos de rehabilitación e de carácter psicosocial dirixidos a persoas con Parkinson e as suas familias.
Froito deste traballo, máis de 12 afectados e as súas respectivas familias foron beneficiarias do desenvolvemento de actividades tendentes á mellora da calidade de vida deste colectivo, fundamentalmente as de fisioterapia.
Parkinson Galicia-A Coruña e a Concellaría de sanidade de Culleredo queren potenciar eses servizos e informan da reubicación, iniciada onte día 28 de febreiro, das actividades, pasando de desenvolverse no Centro Ocupacional A Escada ao local social de Costa da Lonxa en O Burgo. O motivo do cambio débese a necesidade de contar con máis espazo para dar cabida á demanda de novos usuarios e usuarias e, a avaliación por ambas partes da posibilidade de introducir novos servizos rehabilitadores como os de logopedia.
No hay comentarios:
Publicar un comentario